Nov 10

Ante o aluvión de acontecementos, rumores e faladorías que están tendo lugar na Facultade de Informática, entre alumnos, profesores e através de distintos medios de comunicación, os Comités da FIC queremos deixar claro o seguinte: a nosa titulación NON VAI DESAPARECER. Os dous temas que convén deixar claros, ante a actual situación, son:

1) Deseño dos novos planos de estudo adaptados ao EEES.

2) Regulación da nosa profesión.

Na actual ordenación universitaria, é o Ministerio quen fixa os estudos universitarios que se poden cursar no Estado. Co cambio de modelo e a adaptación ao EEES, serán as propias universidades as que teñan autonomía para deseñar, en gran medida, os planos de estudo dos futuros graos, a excepción de “cando se traten de títulos de actividades reguladas nos cales será o Goberno quen poña as condicións ás que se deba de adecuar ese plan de estudos”.

Os CAF (agora, Comités) denunciamos xa en múltiples ocasións que o proceso non estaba sendo transparente, facéndose de costa ao estudantado e aos principais interesados, coma os propios enxeñeiros. No curso 2007/08 comezouse a traballar na elaboración do título de grao (para o que se convocaron, ademais, dúas asembleas abertas para informar o estudantado do proceso), proceso que se detivo no mes de xuño xa que saltou a noticia de que o Ministerio ía sacar as que logo se chamarían “fichas profesionais”, nas que aparecerían as competencias profesionais das carreiras que ESTÁN REGULADAS.

Este é o momento de deixar clara a diferencia entre COMPETENCIAS e ATRIBUCIÓNS. As competencias é aquilo “que se sabe facer”, mentres atribucións é “o que a Lei che faculta para facer”. A Enxeñaría Informática no Estado español non está regulada por Lei, motivo no que se baseou o Ministerio para non sacar as fichas profesionais da nosa titulación, argumentando ademais que a nosa era unha enxeñaría transversal a todas (cando, máis ben, atravésaselles a eles) e incluindo nas competencias profesionais da Enxeñaría en Telecomunicacións a maioría das que a nós nos corresponden. Estas son, entre outras, as consecuencias prácticas do proceso de Boloña, ao cal os Comités nos opuxemos desde o primeiro momento.

Por outro lado, o pasado 28 de outubro, na comisión de Ciencia e Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Industria, presentouse unha proposición non de lei para instar ao Ministerio a sacar as fichas profesionais da Enxeñaría Informática, proposición que foi rexeitada.

Ante esta situación, e a convocatoria vía Internet dunha folga para o día 19 de novembro, os Comités da Facultade de Informática queremos deixar clara a nosa posición:

  • Apoiamos a folga convocada para o día 19 de novembro, como medida de presión para forzar o Ministerio a sacar as fichas profesionais nas que se recollan as competencias da nosa titulación.
  • Denunciamos a actitude que a CODDI (Conferencia de Decanos e Directores de Informática) está a ter en todo este proceso, pois foi ela a primeira en desmarcarse das propostas de grao que facían o resto de Enxeñarías, creando por si mesma unha situación que non era beneficiosa para os futuros titulados.

O próximo xoves 13 de novembro, ás 16.30h, hai convocada unha asemblea aberta no Salón de Actos da FIC.
ligazón

Oct 15

cartaz-tecnoloxiapensamento1

O Comité de Informática da Coruña organiza os próximos días 11 e 12 de novembro un ciclo de cinema baixo o título Tecnoloxí­a e pensamento crítico”, para o que se ten solicitado un crédito de libre elección. As sesións terán lugar no salón de actos de Informática. Link para inscribirse:

http://www.comitesabertos.org/inscripcion_ciclo_informatica.php

PROGRAMACIÓN:

Martes 11 de NOVEMBRO

  • 15:00-15:10 Acreditacións
  • 15:10-15:15 Presentación da xornadas
  • 15:15-16:35 Código Linux
  • 16:35- 18:35 Piratas de Silicon Valley
  • 18:35-18:40 Descanso
  • 18:40- 20:40 Revolution OS
  • 20:40-21:45 Fronteiras


Mercores 12 de Novembro

  • 10:00 -11:20 Zeitgeist
  • 11:20-11:30 Descanso
  • 11:30-13:30 Pi
  • 13:30-15:00 Descanso
  • 15:00-16:10 A derradeira lección do mestre
  • 16:20-18:00 Maquis
  • 18:00-20:15 Tron