
Dende os Comités de informática non nos queda, máis un ano, que dar a benvida a tod@s @s alumn@s que comezan os seus estudos nesta faculdade e tamén a aqueles que xa estaban e volven despois do verán.
Co gallo da volta ás aulas, os Comités de informática estamos a realizar unha pequena campaña de presentación coa pegada de 2 tipos de cartaces, o reparto dun panfleto e mais da realización dun par de faixas que colgamos pola faculdade.
Reproducimos a continuación o texto do panfleto a repartir:
Os Comités somos a organización estudantil referencial e maioritaria de Galiza. Estamos presentes en toda Galiza nos sete campus e nas tres universidades galegas e en grande parte dos institutos do país.
Definímonos como nacionalistas e de esquerdas. A nosa acción lévase a cabo a través de campañas e mobilizacións coas que denunciamos os moitos problemas que afectan ao sistema educativo, producidos por unha política educativa que non favorece o ensino público galego e que ignora a voz das e dos estudantes, complementado coa nosa presenza en Departamentos, Xuntas de faculdade e Claustros
Na facultade de informática os Comités traballamos en todos os ámbitos para que a voz dos estudantes sexa escoitada. Participamos nas masivas mobilizacións na defensa das Enxeñarías en informática, na redacción do novo plano de estudos, nos Consellos de Departamentos e na Xunta de Faculdade onde somos a organización con maior representación. Organizamos actividades como as 1ª Xornadas de Tecnoloxía e Pensamento crítico e accións concretas na faculdade.
Esperamos que teñades un bo curso e animarvos a que tomedes parte, sexades a voz do estudantado e vos organicedes connosco para defender os intereses da Faculdade.
Se tedes algo que nos comentar non dubidedes en porvos en contacto connosco dende o propio blog: aqui, polo mail comites.fic@gmail.com ou cando nos atopedes polas clases/local de alumnos/cafeteria…