Ante o aluvión de acontecementos, rumores e faladorÃas que están tendo lugar na Facultade de Informática, entre alumnos, profesores e através de distintos medios de comunicación, os Comités da FIC queremos deixar claro o seguinte: a nosa titulación NON VAI DESAPARECER. Os dous temas que convén deixar claros, ante a actual situación, son:
1) Deseño dos novos planos de estudo adaptados ao EEES.
2) Regulación da nosa profesión.
Na actual ordenación universitaria, é o Ministerio quen fixa os estudos universitarios que se poden cursar no Estado. Co cambio de modelo e a adaptación ao EEES, serán as propias universidades as que teñan autonomÃa para deseñar, en gran medida, os planos de estudo dos futuros graos, a excepción de “cando se traten de tÃtulos de actividades reguladas nos cales será o Goberno quen poña as condicións ás que se deba de adecuar ese plan de estudosâ€.
Os CAF (agora, Comités) denunciamos xa en múltiples ocasións que o proceso non estaba sendo transparente, facéndose de costa ao estudantado e aos principais interesados, coma os propios enxeñeiros. No curso 2007/08 comezouse a traballar na elaboración do tÃtulo de grao (para o que se convocaron, ademais, dúas asembleas abertas para informar o estudantado do proceso), proceso que se detivo no mes de xuño xa que saltou a noticia de que o Ministerio Ãa sacar as que logo se chamarÃan “fichas profesionaisâ€, nas que aparecerÃan as competencias profesionais das carreiras que ESTÃN REGULADAS.
Este é o momento de deixar clara a diferencia entre COMPETENCIAS e ATRIBUCIÓNS. As competencias é aquilo “que se sabe facerâ€, mentres atribucións é “o que a Lei che faculta para facerâ€. A EnxeñarÃa Informática no Estado español non está regulada por Lei, motivo no que se baseou o Ministerio para non sacar as fichas profesionais da nosa titulación, argumentando ademais que a nosa era unha enxeñarÃa transversal a todas (cando, máis ben, atravésaselles a eles) e incluindo nas competencias profesionais da EnxeñarÃa en Telecomunicacións a maiorÃa das que a nós nos corresponden. Estas son, entre outras, as consecuencias prácticas do proceso de Boloña, ao cal os Comités nos opuxemos desde o primeiro momento.
Por outro lado, o pasado 28 de outubro, na comisión de Ciencia e TecnoloxÃa do Ministerio de Ciencia e Industria, presentouse unha proposición non de lei para instar ao Ministerio a sacar as fichas profesionais da EnxeñarÃa Informática, proposición que foi rexeitada.
Ante esta situación, e a convocatoria vÃa Internet dunha folga para o dÃa 19 de novembro, os Comités da Facultade de Informática queremos deixar clara a nosa posición:
- Apoiamos a folga convocada para o dÃa 19 de novembro, como medida de presión para forzar o Ministerio a sacar as fichas profesionais nas que se recollan as competencias da nosa titulación.
- Denunciamos a actitude que a CODDI (Conferencia de Decanos e Directores de Informática) está a ter en todo este proceso, pois foi ela a primeira en desmarcarse das propostas de grao que facÃan o resto de EnxeñarÃas, creando por si mesma unha situación que non era beneficiosa para os futuros titulados.
O próximo xoves 13 de novembro, ás 16.30h, hai convocada unha asemblea aberta no Salón de Actos da FIC.
ligazón