Nov 25

Comezamos con forza a campaña na FIC e agardamos que nos vindeiros días se estenda a algunha outra faculdade. Adxuntamos o material de reparto e recollida de sinaturas por se é do voso interese e agrado colaborar connosco.

Para máis información non dubidedes en contactar a través do correo-e, do formulario de contacta ou vir ata a mesa instalada no 1º andar da FIC.

Material:

Nov 24

Despois dunha Xunta de Faculdade de máis de 11 horas de duración nun clima de tensión e enfrontamento, o borrador do Plano de Estudos do grao das Enxeñarías Informáticas ficou aprovado por 78 votos a favor, 59 en contra e 6 votos en branco.

Agora ábrese un período dun mes onde todo o que o desexe poderá realizar alegancións ao borrador aprovado que serán debatidas nunha próxima Xunta de Faculdade.

Nov 20

cartaz

Os Comités de FIC  comeza unha campaña para que non se feche a oficina de software libre,  coorganizada co GPUL e Proxecto Trasno.

Manifesto: “POLA CONTINUIDADE DA OFICINA DE SOFTWARE LIBRE DA UDC”

  • A Oficina de Software Libre (OSL) naceu grazas a un convenio entre a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e as universidades galegas. As funcións da OSL son principalmente proporcionar formación e recursos a comunidade universitaria, colaborar coas diferentes organizacións na promoción e implantación do software libre, avanzar na independencia tecnolóxica e promover a localización e a normalización lingüística

    O actual convenio vence a mediados de decembro polo que, de non cambiar a situación, a OSL desaparecerá ante a falta de financiamento, perdéndose un importante referente cara o avance das tecnoloxías libres.
    Hai que lembrar que os cartos investidos na OSL son iso, un investimento, e nunca un gasto. Apoiar o Software Libre representa un aforro, xa a curto prazo, en licenzas e, a medio prazo, unha axuda fundamental cara a independencia tecnolóxica da nosa sociedade. É máis que necesario o
    asesoramento da OSL para executar o Libro Branco do Software Libre da UDC, ao cal se comprometeu o actual equipo reitoral e que ten un cumprimento absolutamente insuficiente.
    Por todo isto solicitamos que a UDC manteña o servizo actual e destine unha partida orzamentaria para manter a OSL.

    Descargas:

Nov 18

Sen titulo

O xoves día 19 deste mesmo mes de novembro aprovarase previsiblemente o novo plan de estudos do grao da Enxenaría Informática en Xunta de Faculdade extraordinaria.

Toda a información a respecto das enmedas e o borrador a debate en: https://wiki.fic.udc.es/decanato:xunta:indice

Dende os Comités defenderemos aquela proposta que sexa a mellor ao noso entender para o alumnado. Así mesmo, intentaremos achegar posturas e formar un bloque co resto de representantes de alumnos para facer forza e intentar que o novo plan de estudos sexa mellor que o actual para unha mellor preparación das xeracións vindeiras de estudantes da FIC.

Todo aquel que teña algunha suxestión sobre o novo plan e/ou as enmendas que nola faga chegar a través deste blog, mail ou falando connosco porque todas as aportacións sempre son benvidas.