Apr 26

Entre os asistentes á asemblea do pasado xoves crimos que era preciso convocar outra para este vindeiro xoves 29 de abril coa mesma orde do día. As razóns do troco son que non viamos conveniente decidir ningún tipo de resposta sen contar coa maior parte do alumnado e porque este mércores 28 está convocado un consello de goberno da UDC onde, a petición dos representantes dos Comités no pasado Claustro e mais da Xunta de escola de Camiños, está incluido como punto específico da orde do día o tema do cobro polas impresións.

Non somos moi optimistas do resultado do debate nin da posíbel votación, mais si vemos preciso que ante un debate destas características era mellor saber cal é a súa resolución para tomar, a posteriori e entre todos, as medidas necesarias.

Animamos a tod@s @s alumn@s da FIC a asistir e, sobre todo, a partiripar nela aportando opinións e ideas.

Apr 20

O vindeiro xoves 22 de abril celebrarase no salón de actos da FIC unha asemblea aberta de estudantes para explicar e falar colectivamente da problemática polo cobro no servizo de impresión en blanco e negro nas aulas net.

Agardamos contar coa vosa presenza dada a importancia do tema.

Apr 12

Baixo o lema “a universidade é pública, non ao cobro do servizo de impresión” os Comités da faculdade de informática comezamos así unha campaña de información e denuncia reivindicando que a impresión en branco e negro das aulas net volva a ser gratuíta.

A continuación adxuntamos o material da campaña que consiste nun pequeno panfleto a modo de resumo, un comités informa onde se explica con bastante detalle os acontecementos e as nosas reivindicacións e mais un cartaz que penduraremos pola faculdade.

Agardamos tamén a vosa implicación e participación xa que isto non consiste solamente na retirada da gratuidade nas impresións, se non que é un paso máis no camiño da privatización da universidade no cal levamos, desgraciadamente, camiñando moitos anos

Material e información da campaña adxuntos:

panfleto e comites informa (recomendado)

Apr 12

Desde os Comités da Faculdade de Informática queriamos pedir desculpas pola pouca actividade que durante os últimos meses tivo este portal mais diversos problemas de índole persoal e estudantil de varios dos compañeiros impedironnos ter unha actividade de actualización continuada.

Agardando poder adicarlle de novo tempo a este blog, damoslle este novo pulo e agardamos que sexa unha etapa produtiva para todos e todas