Pablo Belay na Xunta de Facultade (106), suxire a modificación do grupo de Tecnoloxía Electrónica de ETIX do Venres de 19:30-21:30 para que este sexa o venres de 12:30-14:30 e así facilitar o retorno dos estudantes os venres as súas casas.
Tamen detectou un erro no calendario de exames proposto coa asignatura de IED e suxiriu o cambio de data do exame de MT, xa que se solapa co de CAL e moitos alumnos non poden ir aos exames.
Nunha intervención posterior a profesora de MT confirma o problema que sufren os alumnos. Finalmente quedan aprobadas as suxerencias.
