Oct 1

1

Dende os Comités de informática non nos queda,  máis un ano, que dar a benvida a tod@s @s alumn@s que comezan os seus estudos nesta faculdade e tamén a aqueles que xa estaban e volven despois do verán.

Co gallo da volta ás aulas, os Comités de informática estamos a realizar unha pequena campaña de presentación coa pegada de 2 tipos de cartaces, o reparto dun panfleto e mais da realización dun par de faixas que colgamos pola faculdade.

Reproducimos a continuación o texto do panfleto a repartir:

Os Comités somos a organización estudantil referencial e maioritaria de Galiza. Estamos presentes en toda Galiza nos sete campus e nas tres universidades galegas e en grande parte dos institutos do país.

Definímonos como nacionalistas e de esquerdas. A nosa acción lévase a cabo a través de campañas e mobilizacións coas que denunciamos os moitos problemas que afectan ao sistema educativo, producidos por unha política educativa que non favorece o ensino público galego e que ignora a voz das e dos estudantes, complementado coa nosa presenza en Departamentos, Xuntas de faculdade e Claustros

Na facultade de informática os Comités traballamos en todos os ámbitos para que a voz dos estudantes sexa escoitada. Participamos nas masivas mobilizacións na defensa das Enxeñarías en informática, na redacción do novo plano de estudos, nos Consellos de Departamentos e na Xunta de Faculdade onde somos a organización con maior representación. Organizamos actividades como as 1ª Xornadas de Tecnoloxía e Pensamento crítico e accións concretas na faculdade.

Esperamos que teñades un bo curso e animarvos a que tomedes parte, sexades a voz do estudantado e vos organicedes connosco para defender os intereses da Faculdade.

Se tedes algo que nos comentar non dubidedes en porvos en contacto connosco dende o propio blog: aqui, polo mail comites.fic@gmail.com ou cando nos atopedes polas clases/local de alumnos/cafeteria…

Jun 30

.

No Consello de Goberno da UDC, Xoan Soto solicita que se melloren os prazos prazos  establecidos actualmente pola normativa para realizar as probas na convocatoria  de decembro. Hai que recordar que fai 2 anos escollias a que asignaturas te presentabas en decembro a finais do mes de novembro, na actualidade non escollese na matricula ordinaria de Outubro.

A Sra. Vicerreitora de Organización Académica insiste na imposibilidade a nivel organizativo, non sabemos como farían os anos anteriores…

Jun 4
horario

Pablo Belay na Xunta de Facultade (106), suxire a modificación do grupo de Tecnoloxía Electrónica de ETIX do Venres de 19:30-21:30 para que este sexa o venres de 12:30-14:30 e así facilitar o retorno dos estudantes os venres as súas casas.

Tamen detectou un erro no calendario de exames proposto coa asignatura de IED e suxiriu o cambio de data do exame de MT, xa que se solapa co de CAL  e moitos alumnos non poden ir aos exames.

Nunha intervención posterior a profesora de MT confirma o problema que sufren os alumnos. Finalmente quedan aprobadas as suxerencias.

May 12

-

Anxo  Sánchez pide máis apoios ao software libre na UDC,  e que se empreguen formatos abertos na información cotia da UDC  pois a información enviase en formatos privativos,  propón unha serie melloras  na accesibilidade para a web institucional da nosa universidade.

Tamén menciona a incomodidade do sistema de titorías do estudantado que  se ten que desprazar ao Edificio Xoana Capdevielle, para que se lle busque unha solución.

Apr 23

Na xunta de Facultade 105 celebrada hoxe Brais Arias Río pide   unha   diminución   do   número   de   alumnos   por   grupo,   especialmente   nos   do primeiros cursos das nosas titulacións e nas prácticas das optativas máis demandadas, xa que en moitas existe unha saturación das aulas.

Apr 2

Na Xunta de Facultade (104), Macías López Iglesias realiza una intervención para suxerir a reactivación  das reunións da  “Comisión de Grao”, a cal leva paralizada dende o curso pasado.

Tamén Macías explica as orixes e os  obxectivos  da  futura Plataforma  Galega para a Defensa das  Enxeñerías Informáticas ( PGDEI) que  xa se comentara na anterior xunta de facultade .

Mar 21

Prezados compañeiros, xa podedes recoller o crédito de Libre Elección por asistir con aproveitamento as xornadas “Tecnoloxía e Pensamento Crítico”.

Para recoller a certificación só tes que achegarte ao Local de Alumnos da Facultade de Informática (3º andar). Habitualmente está aberto de 10,00 a 13,00 e de 16,00 a 18,00. Podes consultar o seguinte listado, para saber se tes concedido o crédito.

Listado (Só se publica o DI)

Desculpas pola tardanza.

Mar 5

Na Xunta de Facultade Extraordinaria  (103), realizouse a elección do Decano. O único candidato presentado foi D. Alberto Valderruten Vidal (actual Decano).

O resultado da votación foi o seguinte:

eleccions decano

Feb 26

Os  Comités por medio de Macías  López   Iglesias   informan   á  Xunta de Facultade sobre   as   reunións   dos   representantes   dos  estudantes,   o   calendario   de   mobilizacións   e   as   xestións   para   a   constitución   dunha plataforma galega que aglutine a todos os colectivos das enxeñerías informáticas.

Nov 19

Desde os Comités da Faculdade de Informática queremos dar os nosos parabéns a toda a xente da FIC por, non só apoiar, senón participar na grande manifestación que tivo lugar o pasado dí­a 19.

Agradecemos a vosa presenza porque é grazas á nosa loita común e á nosa mobilización que podemos mudar esta situación.
Queremos lembrarnos tamén, sen dúbida ningunha, de todos os PROFESORES, EX-ALUNOS e TRABALLADORES do mundo da Informática que participaron da mobilización, nun exemplo de unidade que non debemos romper porque é a voz de todos nós, unidos, o noso maior potencial reivindicativo para facer cambiar de parecer ao Goberno.

Esta é a primeira e, se non somos escoitados, se non son recoñecidos os nosos dereitos, evidentemente non será a última; iso pretendemos desde os Comités. Hai que seguir loitando polo noso futuro e polo que nos pertence.

A continuación tedes videos e reportaxes sobre o 19N.

Localia (fala Macías)

Se isto non se amaña…

http://es.youtube.com/watch?v=q3tkadbytnE

http://es.youtube.com/watch?v=nlrHuLFPgFk

http://es.youtube.com/watch?v=AORtbcU-3Vo

http://es.youtube.com/watch?v=JiBBAIorRGo

http://es.youtube.com/watch?v=Cm5rKr0kzi8

http://es.youtube.com/watch?v=Ii7vmxd5Ybw

http://es.youtube.com/watch?v=Dp-kDEXfHJM

http://es.youtube.com/watch?v=xau447zkjSg

« Previous Entries Next Entries »